Chega á Fraga do Rei en Cristiñade o IV Torneo Xadrez e Natureza

dav

A concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, presenta xunto a Escola Municipal de Xadrez Ponteareas o IV Torneo “Xadrez e Natureza” que terá lugar este domingo día 17 en xornada de mañá e tarde no parque forestal da Fraga do Rei, na parroquia de Cristiñade.

“Esta é unha proba diferente, onde se mistura xadrez e natureza, que ten moito éxito xa que ademais de deporte as familias tamén teñen a oportunidade de pasar un día de convivencia e xantar ao aire libre nun dos entornos máis fermosos de Ponteareas”, indica Benito Márquez.

A inscrición deste torneo, que se celebrará seguindo o sistema suízo, é de balde e poderase facer no teléfono 627 249 951 ou no enderezo electrónico xadrezponteareas@yahoo.es

Os e as interesadas poden atopar toda a información na seguinte ligazón http://xadrez-ponteareas.blogspot.com