Charla-coloquio sobre a información das entidades financieras, titulada: “Que non che tomen o pelo no banco. Consellos para defenderse dos abusos das entidades financeiras”

PA270808O próximo 7 de novembro de 2014, ás  18:00 h,  no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas , se celebrará unha charla-coloquio sobre a información das entidades financieras, titulada: “Que non che tomen o pelo no banco.  Consellos para defenderse  dos abusos das entidades financeiras”, organizada pola  O.M.I.C. do Concello de Ponteareas, pertencente á Concellería  de Consumo dirixida por Dª. Marisol Valado Pérez, quen está profundamente comprometida cos  veciños en facilitarlles información co fin de que defendan seus intereses coma consumidores responsables.

Nesta xornada participarán Dª. Iria Aguete Agulla coordinadora  da Asociación de Consumidores ADICAE GALICIA, Dª. Celia Corral Blanco, Técnica de Consumo  de ADICAE e  Dª. Antonia Yanes Sobral, Responsable da O.M.I.C. de Ponteareas, quen explicará as xestiones que se realizan ante as entidades bancarias co  fin de resolver as reclamacions presentadas polos veciños e se comentarán que reclamacions son as más habituais e as resolucions que se están consiguindo.  Trátase dunha charla que facilitará información suficente para que os veciños presentes aprendan a defenderse  dos abusos que comenten as entidades financeiras respecto aos seus clientes e que temos muy presente coa venda  das preferentes, entre otros productos.

O sector financeiro xa non é  o que era, antes  podíase confiar no  bo facer das entidades bancarias, hoxe en día  proliferan os abusos e temos moitas dudas ante a firma de calquer documento na entidade bancaria. Por iso é importante coñecer o funcionamento das contas, dos productos de aforro, dos préstamos, como aforrar comisions, como xestionar nosas deudas e como reclamar ante os bancos, entre otras cuestions. Todo isto e moito  máis será o que podremos compartir con vostedes nesta xornada, que consideramos de moito interés para os veciños, é por elo que lle esperamos no Salón de Plenos do  Concello  de Ponteareas o 7 de novembre de 2014 ás 18:00 h.