As mellores oportunidades están no MercaSerán. Venres de compras en Ponteareas

O Concello de Ponteareas manterá pechado o centro urbano o venres 14 a petición do comercio local para facilitar o bo desenvolvemento das actividades do MercaSerán e a comodidade das persoas que se acheguen ao longo do día a facer as súas compras.

O venres será o gran día das compras en Ponteareas coa celebración da primeira edición do MercaSerán, unha xornada na que o comercio ponteareán abrirá as súas portas no horario habitual de mañá e tarde prolongando o peche ata as 00:30 horas e ofrecendo importantes descontos e prezos especiais.

Agasallos para as compras maiores de 10 euros e actividades lúdicas para tódolos públicos.Na zona peoníl da praza de abastos ás 12 horas poderemos gozar da actuación de Pa Ti Na Ma e da do violinista Gabriel Cracium ás 13 horas na Praza Maior. A partir das 18:30 horas na praza Bugallal terá lugar o obradoiro de tatoos e chapas con Enredos Animación. Ás 19:30 horas na rúa Amado Garra comezaremos a bailar coa charanga Os Alecríns rumbo a distintas rúas do centro urbano para continuar co ritmo da discoteca móvil LoopDiscomovil DJ+vocalista na zona da rúa Reveriano Soutullo confluencia con rúa Constitución ás 20:30 horas. LoopDiscomovil DJ volverá hacia o Paseo Matutino acompañada dun saxofonista ás 22:30 horas e para rematar Edgar Cuerdo actuará nos xardíns do Concello ás 23:30 horas.

Un día grande para as compras en Ponteareas ao trasladarse a feira do sábado festivo a este venres día 14.

 
Concello de Ponteareas
Concello de Ponteareas

Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860

Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50

Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies