As luces da pista de baloncesto das Pombas volven funcionar

Despois de máis de 1 ano sen estar operativas, a concellería de Deportes arranxa unha avaría que permitirá practicar este deporte até as 00:00 horas

DSC02550A concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, vén de arranxar a avaría existente nos focos instalados na pista de baloncesto que se atopa no Parque das Pombas. Trátase da solución a unha situación que duraba xa máis de 2 anos e que, tralas queixas de varios veciños e veciñas, o edil de Deportes decidiu abordar.

Deste xeito, todas as persoas afeccionadas ao deporte da canastra que desexen practicar esta modalidade durante aquelas horas nas que xa non é posible contar con luz natural, poderán utilizar, de novo, os focos habilitados a tal efecto. Nestes meses de inverno, o horario establecido para poder facer uso deles é de 19:30 a 00:00 horas.DSC02546

A activación dos focos corre a cargo dos propios usuarios, que tan só deberán dirixirse ao interruptor situado na parte traseira do Parque Municipal de Bombeiros, xusto ao carón da propia pista. Se ben o sistema está deseñado para que as luces deixen de funcionar a partir das 00:00 horas, dende a concellería de Deportes prégase un uso responsable do servizo, de xeito que se os usuarios rematan antes desta hora, apaguen os focos antes de abandonar a pista.