As fins de semana de outubro serán para o teatro

A concellería de Cultura e Turismo do concello de Ponteareas presenta as II Xornadas de Teatro do Amador que arrancan esta fin de semana no auditorio municipal.

Ás 18:00 horas do domingo día 14 “Que 2” coa obra “Cachosdesgueches” súbese ao escenario destas segunds xornadas para as que se pode adquirir un bono de catro funcións por cinco euros ou mercar a función individual por dous euros á entrada. 

Os grupos de teatro aficionado seguirán ofrecendo arte as fins de semana de outubro e a seguinte cita chega o día 20 de outburo ás 20:30 horas con Petanaporta Teatro que presenta “Ai Carmela”. O 21 de outubro é o turno do grupo de teatro de Celeiros que porá en escena “Véndese a burra” as 18horas no auditorio municipal. O grupo de teatro Pena do Equilibrio pecha estas segundas xornadas de teatro do Amador coa obra “Agora os vellos e as vellas xa se poden namorar” o 27 de outubro ás 20:30 horas.

Organizadas por Teatro Pena do Equilibrio en colaboración co concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra, estas xornadas pretenden achegar o teatro á cidadanía e por en valor o traballo que realizan os actores e actrices aficionados.

Os bonos de entradas darán ao espectador a oportunidade de participar no sorteo de varios agasallos.