O alumnado despídese dos cans da terapia “Catro patas de apoio”

 

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, agradece o traballo da empresa Yaracan que remata os obradoiros realizados nos centros escolares da vila nos que o alumnado recibíu educación en valores asistida por cans de Terapia en Entornos Educativos, dirixido a alumnado NEAE e o alumnado das súas aulas en xeral. 

A empresa Yaracán levou ás aulas o proxecto “Catro patas de apoio” aportando os beneficios de traballar con cans nos centros educativos. 

Nas escolas realizaron unha actividade transversal que educa en valores e trasladou ao alumnado a responsabilidade da tenencia de mascotas.

Cooperación versus obediencia e segundas oportunidades frente a castigos son as señas de identidade deste proxecto que segundo explica Julia Correa, de Yaracán, pretende fomentar o traballo en equipo, a autonomía, a comprensión, a empatía e ensina aos escolares a porse no lugar do outro; a acadar un obxectivo común incentivando ao compañeiro.

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, adianta que traballará para seguir ofrecendo esta e outras actividades que facilitan aos centros educativos diferentes ferramentas de aprendizaxe novidosas.

Yaracán é unha organización que se define como “socialmente responsable” que tenta que os beneficios que aportan os animais acaden aos seres humanos menos favorecidos. Dende os seus comezos gran parte da súa actividade foi dirixida ao desenvolvemento de programas solidarios e de investigación. 

Yaracán recibíu o premio de responsabilidade social na categoría de Pymes da Fundación Corresponsables no 2012 e resultou finalista no ano 2015.

Ante o éxito, a utilidade e os beneficos desta actividade a Concellería de Benestar Social tamén estudará a posibilidade de ofrecer estes talleres aos maiores de Ponteareas e as/os alumnos do Taller Ocupacional de Asprodico.

Estes obradoiros impartíronse en aulas con alumnado NEAE, con necesidades especiais de atención educativa, buscando sempre a mellora da calidade educativa e a inclusión.