Alfombristas de Ponteareas levan a arte floral á feira FESTUR en Silleda

Os alfombristas de Ponteareas levan unha mostra da súa arte efímera á feria FESTUR que ven de arrancar hoxe en Silleda. Nestes intres os alfombristas rematan a súa composición para que estea lista para a inauguración oficial ás 16:30 horas.

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e voluntarios do tramo Ferreiros-San Roque e traballadores do concello preparan dende as sete da mañá a alfombra floral que promocionará o Corpus Christi de Ponteareas 2017.