Aberto o prazo para solicitar as axudas para fomentar o emprego e o autoemprego

O Alcalde de Ponteareas informa da convocatoria de subvencións para promover o emprego

Os e as interesadas teñen de prazo ata o 29 de novembro  para presentalas solicitudes

Un ano máis, o Alcalde de Ponteareas crea unha partida para axudas económicas destinadas a facilitar, incentivar e apoiar a xeración de emprego estable mediante a concesión de subvencións que promoven o desenvolvemento da actividade económica e empresarial no termo municipal.

Poderán beneficiarse das axudas, tanto os emprendedores a título individual que acceden por primeira vez ao mercado laboral como empresas e autónomos que queiran contratar novo persoal ou aquelas que vaian mudar a modalidade dos contratos temporais a indefinidos.

Esta subvención é posible grazas á iniciativa do Alcalde Xosé Represas de destinar a partida orzamentaria do seu salario como alcalde, 50.000 euros ao fomento do emprego.

As axudas concederanse ás empresas ou autónomos que contraten traballadores desempregados que leven empadroados en Ponteareas polo menos un ano. A contía da subvención oscilará entre os 200 e os 1.000 euros, en función da estabilidade do contrato. Se este é indefinido a axuda será de 1.000 euros coa obriga do empresario de manter ao traballador contratado por un período mínimo 2 anos. Con 500 euros apoiarase o contrato de 1 ano de duración e con 300 euros outros contratos temporais como poden ser os de formación. Por último os contratos en prácticas cunha duración mínima de seis meses recibirán 200 euros. Co obxectivo de contribuir á estabilización do mercado contemplarase no caso de transformar un contrato temporal a indefinido un máximo de 1.000 euros.

Autoemprego

A convocatoria tamén contempla a posta en marcha de axudas ao autoemprego para as persoas desempregadas que poñan en marcha actividades e se dean de alta como autónomos creando así o seu propio emprego. Poderán acceder a unha subvención de até 1.000 euros, coa obriga de manter a súa actividade ao longo dun ano.

As subvencións serán concedidas por rigoroso orde de solicitude até o esgotamento da partida orzamentaria. O prazo para a presentación de solicitudes comezará nos vindeiros