A Oficina Municipal do Consumidor informa aos traballadores autónomos das condicións para beneficiarse do bono social eléctrico

A Oficina Municipal de Consumo (OMIC) informa aos e ás traballadoras autónomas das condicións para beneficiarse do bono social eléctrico ao que tamén poderán optar traballadores/as por conta propia. As e os interesados poden consultar o documento na pestana COVID-19 da páxina web ou directamente nesta ligazón http://ponteareas.gal/covid-19/

Todas e todos os que o precisen poderán informarse na OMIC de Ponteareas os luns e xoves de 9 a 14 horas a través do teléfono do Concello 986 64 00 00.