A nosa mocidade destaca no encontro estatal de correspondentes e alberguismo xuvenil

Os e as nosas “correspondentes xuvenís” gañaron unha praza no encontro estatal “Correspondentes e alberguismo xuveníl” que tivo lugar na cidade coruñesa de Bergondo e no que participaron máis de 200 correspondentes de toda España.

A concellería de Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, a través da oficina de voluntariado implantou neste curso escolar nos tres institutos e no CPR La Inmaculada este programa no que a mocidade recibíu formación de como xestionar toda a información relacionada coas súas necesidades e inquedanzas.

Deste, dende a oficina de voluntariado encargáronse de facilitarlles ferramentas, plataformas e recursos para achegarse a un maior número de información e para saber difundila e compatirla.

Grazas a esta iniciativa a mocidade converteuse en investigador e transmisor de cursos, becas, actividades culturais e deportivas, viaxes e carnes, entre outras materias.

O alumnado do IES Pedra da Auga e do IES Val do Tea foi seleccionado pola calidade do traballo realizado entre todos os participantes de Galicia. A mocidade ponteareá conquistou á organización cun vídeo no que promocionaban a súa cidade e os potencias da contorna.

Verónica Carrera traslada os parabéns a esta mocidade da que se sinte orgullosa e califica de “tesouro” a estas novas xeracións que farán o futuro de Ponteareas. “Participativos e implicados, así son as nosas mozas e mozos cos que traballamos no deseño non só da programación de Mocidade Viva se non tamén en moitas outras iniciativas”.