A ludoteca municipal abre as súas portas para pasar un verán cheo de aventuras e diversión

A ludoteca municipal abre as súas portas para pasar un verán cheo de aventuras e diversión

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición ata o vindeiro 25 de xuño en horario de 09.00 a 15.00 horas

 

A ludoteca municipal abre as súas portas para pasar un verán cheo de aventuras e diversión A ludoteca municipal volve abrir de novo as súas portas para que cativas e cativos de 6 a 12 anos desfruten dun verán cheo de actividades, aventuras e diversión, sempre en grupos pequenos e cumprindo con todas as medidas de prevención dada a situación sanitaria. A concellaría de Benestar Social e Igualdade, dirixida por Verónica Carrera, informa de que dende hoxe e ata o vindeiro 25 de xuño está aberto o prazo de inscrición, aínda que en caso de quedar prazas dispoñibles esta data ampliarase.

 

As persoas interesadas poderán realizar a inscrición de 09.00 a 15.00 horas acudindo ás instalacións da ludoteca, situadas na Avenida de Castelao, ou ben enviando un correo electrónico a ludoteca@ponteareas.es ou chamando por teléfono ou enviando whatsapp ao número 673 79 47 60.

 

Xogos, manualidades, repostería e cociña, expresión corporal e musical, saídas… son só algunhas das actividades preparadas para este verán que comezarán o vindeiro luns 5 de xullo e prolongaranse durante todo agosto. Poderá elixirse entre unha mañá ou dúas á semana cos martes e xoves estarán destinados a nenas e nenos de 6 a 9 anos e os luns e mércores aos de 9 a 12 anos. A taxa por neno e mes é de 14,64€ por unha mañá completa ou de 29,28 en caso de acudir dúas.

 

A ludoteca municipal abre as súas portas para pasar un verán cheo de aventuras e diversión Para a inscrición é imprescindíbel achegar fotocopia do DNI de pai/nai ou titor/titora do menor; fotocopia do DNI da nena ou neno usuario da ludoteca; fotocopia do libro de familia e os impresos que se proporcionan na ludoteca, que deben entregarse cumprimentados e asinados.

 

A finais de xuño, os pais/nais dos nenos e nenas anotados na ludotecha chamarán para confirmar a quenda e horario que lles corresponde.

 

A ludoteca municipal é un espazo lúdico e educativo que dende 1998 ofrece unha ampla variedade de actividades de lecer nas que as nenas e nenos son os protagonistas. Sempre cunha atención personalizada e de calidade onde o benestar da infancia é o fundamental.