A Copa de Promoción de Bádminton XOGADE aterra en Ponteareas

Este sábado 15 de Febreiro celébrase en Ponteareas a segunda xornada da Copa de Promoción de bádminton Xogade.  O alcalde Xosé Represas e o concelleiro de Mocidade Miguel Bouzó presentaron xunto á directiva do Club Bádminton Ponteareas e ao coordinador de Deportes da Xunta, X. Manuel Freire, o cartel da Copa. 
Serán oito xornadas deportivas, desarrolladas en diferentes sedes, Vigo, Salceda, Tui, Crecente, Marín e Ponteareas. 
Nesta xornada xogarán as categorías alevín e cadete no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas en horario de 16:30h a 20:00h.
Esta Copa esta patrocinada polo Servicio de Deportes Provincial da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Ponteareas, Federación Galega de Bádminton e o Club bádminton Ponteareas.

Máis de cen deportistas de clubs, centros escolares e agrupacións de toda a provincia veránse as caras no noso pavillón municipal.