A concellería de Vías e Obras pide ás empresas que realizan obras para o Concello que extremen as precaucións

A concellería de Vías, Obras e Alumeado que dirixe Chus Garrote vén de enviar unha comunicación ás empresas adxudicatarias, que realizan obras nestes intres no concello de Ponteareas e que segundo o Decreto 463/2020 poden seguir desenvolvendo o seu traballo, para solicitarlles que no entorno laboral cumpran as medidas preventivas do Real Decreto 664/2997 sobre a protección aos traballadores contra riscos de carácter biolóxico.

A concelleira tamén solicita neste escrito que se cumpran as medidas de protección cos EPIS necesarios para protexer axeitadamente aos e ás traballadoras e que manteñan as distancias de seguridade protocolarias.

“Nós non tempos competencias para paralizar a actividade destas empresas xa que o Decreto 463/2020 permite que sigan a traballar. Sabemos que queren ofrecer o mellor servizo á cidadanía e cumprir cos compromisos acadados co Concello pero, dada esta situación de alarma pedímoslle que extremen as precaucións na medida do posible priorizando sempre a protección das persoas e dos e das traballadores”, explica Chus Garrote.

Chus Garrote engade que os e as traballadoras municipais que desenvolven os seus traballos fóra das sedes municipais atenderán só as urxencias repartidos en quendas e alternándose para evitar ao máximo o contaxio. “No caso dos departamentos donde non se poida teletraballar procuramos non expor aos e ás traballadoras salvo que se trate dunha emerxencia e sempre estando dispoñibles e localizables por se xurdira algunha emerxencia que solventar”.