A concellería de Cultura prevé a saída das comparsas mañá martes se a climatoloxía o permite

A concelleira de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, dirixida por Hortensia Bautista, informa que se a climatoloxía o permite mañá martes sairán as comparsas de entroido. A animación de rúa abrirá paso as actividades de entroido ás 18:30 horas coa charanga Mekánica para que a partir das 19 horas comecen a desfilar polo centro urbano as comparsas.

Bautista informa que no caso de que chova o desfile de mañá martes trasladarase ao venres día 15. A veciñanza poderase informar dos posibles cambios a través da páxina web do concello a partir das 13 horas de mañá martes día 5 de marzo.

O mércores ás 19 horas procederase ao enterro da sardiña e á lectura do testamento.

Nesta tarde de lusn terá lugar o concurso de disfraces en categoría infantil e adulto no auditorio municipal a partir das 17 horas.