A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas e INFIORITALIA crean o portal mundial de alfombristas

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas e INFIORITALIA crean o portal mundial de alfombristas

Trabállase tamén na creación dun software e soporte lóxico para facer posíbel a interacción entre alfombristas a escala mundial

A festa do Corpus Christi de Pontearas 2023 contou xunto coas delegacións convidadas coa presenza de Andrea Melilli, presidente de INFIORITALIA, a maior organización italiana de alfombristas. Durante a súa estancia, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas e a Associazione Nazionale delle Infiorate Artistiche INFIORITALIA asinaron o primeiro acordo internacional para a creación do Portal Mundial de Alfombristas. Portale Mondiale Degli Alfombristas.

O Portal será unha ferramenta na que poder compartir expresións do patrimonio cultural inmaterial das alfombras que se realizan nas vilas e cidades, creando un vínculo entre o pasado e o futuro a través do presente. É, pois, un portal da arte efémera cunha cohesión social a escala mundial.

Este Portal Mundial de Alfombristas estará aberto a todas as persoas alfombristas que representan unha tradición popular dunha localidade cunha antigüidade mínima de 25 anos.

Ademais trabállase tamén na creación dun software e soporte lóxico para facer posíbel a interacción entre alfombristas a escala mundial.

O Portal Mundial de Alfombristas debe o seu nome aos portais do Corpus de Ponteareas, que son un dos sinais representativos da festa do Corpus Christai, onde cada ano se reúnena as e os alfombristas para preparar o material das pezas florais, onde o almacenan e sen os que a elaboración destas creacións de arte efémera resultaría moito máis complicada.

Son un elemento integrador co Patrimonio Cultural Inmaterial, onde non se valora só como un ben cultural pola súa exclusividade ou valor excepcional. Florece nas comunidades e depende das persoas cuns coñecementos das tradicións, técnicas e costumes que transmiten ao resto da comunidade, de xeración en xeración ou a outras comunidades.