A Asociación Adapta organiza un curso gratuíto de “Laboreo e poda da vida”

cartel adaptaO Centro Municipal Asprodico acollerá o próximo luns 25 de xaneiro un curso de “Laboreo e poda da vide”. Trátase dunha actividade gratuíta que terá unha duración de 30 horas repartidas de luns a venres en horario de 16:30 a 19:30 horas e rematrá o vindeiro 5 de febreiro. Todas as persoas interesadas deben inscribirse a través do número de teléfono 986 916 012.

O obxectivo desta acción formativa é dotar os participantes de habilidades que os capaciten para aumentar as súas posibilidades integrarse no mercado laboral. Este curso enmárcase dentro do programa de formación para persoas con discapacidade que vén de poñer en marcha Adapta (Asociación de Discapacitados do Condado e A Paradanta).