A Concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas pon en marcha o “programa de prevención do consumo de substancias adictivas en espazos de ocio nocturno e de botellón” coa intención de transmitir á mocidade información axeitada, contrastada, veraz e obxectiva sobre as substancias adictivas e promover un estilo de vida saudable.
Xogos, sorteos, folletos, enquisas e análise voluntario son algunhas das ferramentas coas que conta esta campaña que pretende aumentar a percepción de risco no consumo de tabaco, alcohol, cannabis, cocaína e outras substancias adictivas.
Equipados con mochilas nas que levan material informativo e interactivo, o programa percorrerá as rúas de Ponteareas dende as 23 horas ás 02:00 horas para explicar as consecuencias e riscos do abuso de consumo de substancias adctivas propondo actividades nas que se pretende intercambiar e fomentar hábitos de vida saudables e boas prácticas coa mocidade como é a de agasallar uha chapa e unha camiseta.
A campaña porá a disposición da mocidade códigos QR e APPS sobre drogodependencia para interactuar coa información sobre prevención do consumo destas substancias. Tamén se usarán tablets para cubrir as enquisas voluntarias.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, anima a tódolos mozos e mozas a participar nesta campaña e convida ás familias a achegarse e informarse insistindo na importancia da prevención como medida para evitar posibles adiccións e malos hábitos.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies