Ponteareas amplia a rede de saneamento en Angoares, Arcos, Bugarín e Prado

O goberno de Ponteareas cumpre cos seus compromisos e continúa a traballar na ampliación da rede de saneamento levando este servizo a 55 vivendas máis do rural. 

O Alcalde de Ponteaeras avanzará no pleno de mañá martes as obras de saneamento que se debatirán, a pesar do alto custe destas obras o goberno amplía a rede de saneamento aos barrios de Picón en Angoares, Amial en Prado, Arcos e Bugarín invertindo un total de 229. 753,74€ de fondos propios dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A rede de saneamento de Angoares e Arcos será conectada á rede xeral mentres que as de Prado e Bugarín irán ás minidepuradoras existentes nestas parroquias.

1.740,19 metros lineais de tubaxe e 73 pozos de rexistro instalados nos viais públicos completan este novo proxecto de saneamento das augas fecais.