Cultura

Biblioteca Pública Municipal
A Perillana 9-11 – Segundo andar

Tel.: 986 66 16 74 /618 70 56 39
departamentocultura@ponteareas.es

Podes consultar as diferentes bases de cultura aquí >>

 

Revista conmemorativa do L FESTIVAL de GAITAS

L_gaitas-2

 

Solicitude de  subvencións e  axudas a outras administracións.

  • Solicitude de subvencións e axudas a  outras administracións para actividades e eventos que organiza a concellería de Cultura  e  Festas.
  • Servizo de  colaboración e  asesoramento   aos  centros culturais,  casas de cultura,  asociacións sen ánimo de lucro, etc., nos  diferentes  trámites  para solicitar diferentes  subvencións que promoven a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Coordinación e fomento de actividades nos centros culturais e casas de cultura  que forman parte da  Rede de Centros Culturais de Ponteareas  dentro  do Plan Cultural Municipal do Concello de Ponteareas.
  • Coordinación  e  fomento de  diferentes cursos  que se desenvolven ao longo do  ano dentro da  Rede de Centros Culturais de Ponteareas.
  • Redacción, coordinación e resolución das bases reguladoras das subvencións destinadas aos centros culturais do Concello de Ponteareas.

Organización de distintos eventos culturais e  festas que desenvolve  o  Concello de Ponteareas

  • Programación de Nadal (programa de actividades de Nadal e cabalgata  de Reis)
  • Programación e coodinación das actividades que se desenvolven no Entroido.
  • Programación de Semana Santa.
  • Programación e coordinación de todos  os traballos e actividadees  vinculadas coa Festa do Corpus Christi.
  • Programación  e coordinación das actividades que se desenvolven dentro da programación de verán.
  • Programación e coordinación das diferentes  actividades que se desenvolven coincidindo coas  Festas de Setembro (Festas dos Remedios e San Miguel Arcanxo).

    + Festival Folclórico do Condado

    + Encontro Internacional de Corais do Baixo Miño

    + Concurso de Gaitas de Ponteareas

    + Concurso de Karaoke, etc.

  • Programación e coordinación das  actividades de outono.

Xestión do  Auditorio Reveriano Soutullo (sala multiusos e  auditorio)

  • Desenvolvemento da programación propia que se desenvolve ao longo do ano nestas salas.
  • Supervisión, control e colaboración técnica cando se ceden as instalacións do auditorio e sala multiusos.
  • Control técnico de iluminación e  son  nestas salas

Xestión do arquivo de asociacións culturais de Ponteareas

  • Colaboración na redacción de estatutos de asociacións culturais  e nos trámites necesarios para a súa incrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.
  • Altas, baixas e modificacións  estatutarias  destas asociacións.
  • Asesoramento técnico para pedir axudas e subvencións.  

Criterios V Concurso de Karaoke

modelo inscripcion Concurso de Karaoke 2017

Xornads de Teatro

Podes consultar as diferentes bases de cultura aquí >>