¿Que é o CDL?

CDL – Lomba do Cruceiro SN – Ribadetea
Ponteareas
Tel.: 986 66 10 50
cdl@ponteareas.es

O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) é un servizo do concello de Ponteareas, actualmente dependente da concellería do mesmo nome e que botou a andar no ano 1995.

Nas derradeira décadas,  dende a Unión Europea, foise prestando cada vez máis importancia o desenvolvemento local, porque supón un espazo de xeración de emprego e de creación de oportunidades de negocio o mesmo tempo que facilita a cohesión social e territorial.

Deste xeito, os obxectivo principais do CDL son:

  • planificar e xestionar aqueles recursos que favorezan o desenvolvemento do municipio, acadando así uns maiores niveis de crecemento e de benestar dos seus veciños.
  • Favorecer un desenvolvemento equilibrado e sostible do territorio

Para elo, traballamos en colaboración coas distintas administracións públicas: Unión Europea, Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial ademais de con outras institucións, entidades e asociacións tanto públicas como privadas:, empresariais, comerciais, sindicais, veciñais, etc…

Dende o CDL ofrecemos diferentes actuacións e programas específicos que se concretan en:

  • Formación de desempregados, mellorando a cualificación profesional dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo, favorecendo a súa inserción laboral.
  • Orientación profesional, facilitando a información sobre as posibilidades de mellorar a formación dos desempregados, os itinerarios personalizados de inserción e fomentado a busca activa de emprego.
  • Emprego: bolsa de traballo, programas de cooperación, plans integrais  de emprego, obradoiros de emprego, etc…
  • Apoio a emprendedores e autónomos, asesorándolles sobre os trámites necesarios para a posta en marcha da súa idea de empresa, así como das subvencións específicas.
  • Apoio ao comercio e industria local: impulsando o proceso de  modernización e ordenación do comercio local así como das iniciativas empresariais.

 

Política de calidade

ISO9001