Ludoteca
Edificio “Quincede maio”, Avda de Castelao, núm,23, local 1º
Tel.: 673794760
Director: Ana Belén Fdez. Móbil: 619216162
ludoteca@ponteareas
Horario: luns e mércores, das 16.00 ás 20.30 horas
Horario de verán: de luns a venres, das 8.30 a.m. ás 15.00 p.m.
“Ludotea”, inaugurouse en febreiro do ano 1998. É a única ludoteca de Galicia creada dende os seus inicios con titularidade e persoal municipal, co obxectivo de que todos os nenos e nenas de Ponteareas e arredores teñan unha experiencia lúdica, aprendan a xogar e, mediante o xogo, aprendan tamén valores, regras de xogo, se socialicen e compartan.
OBXECTIVOS XERAIS:
- Potenciar co xogo as aptitudes dos nenos.
- Mellorar as súas actitudes xerais e con respecto ao xogo.
- Ampliar os seus coñecementos.
- Favorecer a socialización.
- Avivar a curiosidade e a creatividade.
- Propor o desenvolvemento dos temas transversais en educación.
- Mellorar as relacións co contorno no que se ubica a ludoteca.
- Establecer unha boa comunicación cos pais dos nenos que acoden.
ACTIVIDADES:
ademais do xogo con xoguetes comercializados, e dos xogos que realizamos en grupo: xogos de corro, de pelota, de paracaídas, de recuperación de tradicións, etc., realizamos ao longo do ano múltiples e variados obradoiros (algúns a miúdo e outros dun xeito máis esporádico):
- Obradoiro de reciclaxe con materiais de refugallo: envases de plástico o de tetrabrick, cartóns, vidros, cordas, etc.
- Obradoiro de fabricación de xabóns
- Obradoiro de cociña e repostaría
- Obradoiro de candeas
- Obradoiro de manualidades
- Bixutería
- Actividades ao aire libre: tanto saídas recreativas, coma de xogos ou medioambientais
- Teatro
- Obradoiro de expresión musical e corporal
- Obradoiro de Animación á lectura
- Obradoiro de educación ambiental
- Saídas ás praias fluviais
- Saída aos parques do municipio
Obradoiro referidos a festividades concretas:
- Samaín
- Magosto
- Nadal
- Entroido
- Festival da Ludoteca
- Día do Pai
- Día da Nai
- Festa do Corpus.
- Festa de fin de curso escolar
- Verán
Diferentes saídas e excursións:
- Saídas medioambientais