Xuventude – OMIX

Edificio Biblioteca Municipal
Rúa A Perillana 9-11 andar
Tel.: 672 105468
omix@ponteareas.es
Horario: de uns a venres (agás festivos), de 7:30 a 21:00 horas.
Sabados: de 11:00 a 14:00h

A vila de Ponteareas dispón  dunha Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX ) situada na Biblioteca Municipal de Ponteareas e que foi creada no ano 1996, contando co seu correspondente número de rexistro na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

A Oficina Municipal de Información Xuenil (OMIX) actúa como un punto de información sobre os recursos dispoñibles en materia de mocidade.

Este servizo pretende orientar e asesorar aos mozos/as do Concello de Ponteareas en diferentes eidos do seu interese, fomentando asi o seu protagonismo no desenvolvemento da nosa comunidade.

A través deste servizo municipal preténdese o levar adiante un programa de actividades de dinamización e formación xuvenil que incida especialmente nos seguintes ámbitos:

  • Utilización das novas tecnoloxías por parte da xuventude.
  • Fomentar as actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e do tempo libre.
  • Tramitar o Carné Xove destinado a mocidade con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos. 
  • Información sobre os diferentes tipos de campamentos xuvenis da Xunta de Galicia, Deputación,  etc.

OBXECTIVOS:

Os principais obxectivos da OMIX son:

  1. Artellar un servizo de información e orientación que favoreza o acceso aos recursos sociais, culturais, económicos, da poboación con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.
  2. Fomentar a participación dos nosos mozos na vida cultural e social de Ponteareas.

Na OMIX podes atopar información sobre :

Estudos e formación: información sobre cursos de formacións das administracións públicas.

Asociciacionismo xuvenil: asesoramento para a creación e o mantemento das asociación s xuvenís.

Difusión sobre actividades e ofertas de carácter cultural, deportivo, social, educativo, etc.

CARNÉ XOVE EURO

Pódese conseguir ou renovar o Carné Xove  na propia OMIX de Ponteareas. Esta tarxeta persoal ofrece numerosas ventaxas tanto en territorio nacional como no extranxeiro as persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.

Este carné ten un periodo de vixencia de dous anos e o seu custe e de 6 €.