Tráfico e seguridade

Parque das Pombas SN
Tel.: 986 64 00 50
policialocal@ponteareas.es
Horario: Todos os días as 24 horas.

O Corpo da Policía Local ten como misión a protección do libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá.

As súas funcións, que exercen dentro do termo municipal, son:

  • Auxiliar e protexer as persoas e bens.
  • Velar polo cumprimento das normas.
  • Ordenar, sinalizar, regular e dirixir o tráfico no casco urbano de acordo co establecido nas normas de circulación.
  • Instruír atestados por accidentes de circulación.
  • Protexer as autoridades da Corporación local e vixilar ou custodiar os seus edificios e instalacións.
  • Policía administrativa no relativo ás ordenanzas, bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
  • Participar nas funcións de Policía xudicial.
  • Prestar auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública na execución dos plans de Protección civil.
  • Efectuar dilixencias de prevención e actuacións tendentes a evitar a comisión de actos delitivos no marco de colaboración establecido nas xuntas de seguridade.
  • Vixiar os espazos públicos e colaborar coas forzas de seguridade do Estado e coa Policía autonómica na protección das manifestacións e do mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexa requirido.

Acceso o servizo de obxectos perdidos >>