Os Xogos Florais tiveron o seu acto final de entrega no Auditorio Reveriano Soutullo

Tralo acto de entrega de premios, o público puido gozar dun concerto do pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Iria Cuevas.

Onte, domingo 22, o acto de entrega de premios dos Xogos florais celebrouse cun recital poético coa participación de Isabel Blanco, Kiko Neves, Antonio García Teijeiro e Manrique Fernández para festexar no auditorio Reveriano Soutullo ás 20.00 horas.

Q55A0778

No mesmo, a concelleira de Cultura Hortensia Bautista deu a coñecer os seleccionados do I Certame de Poesía de Ponteareas nas súas dúas categorías: xuvenil de 12 a 18 anos e adultos. O Concello fixo entrega dun total de catro premios en cada categoría que consistían na entrega dunha flor natural e unha medalla conmemorativa dos Xogos Florais, como se facía tradicionalmente neste tipo de eventos no século XIX.

 

Exposición de Patri Skinner  Q55A0101

O mesmo día inaugurouse a exposición de óleos “Realistic Impressionism” sobre os Penedos da Picaraña de Patri Skinner no auditorio Reveriano Soutullo e que o público poderá visitar ata o 30.