O monologuista Oswaldo Digón actuará no Centro Cultural de Xinzo

O coñecido humorista galego será o protagonista da casa cultural desta parroquia ponteareá o vindeiro domingo, 4 de outubro

OSWALDO DIGÒN (1)O Centro Cultural de Xinzo acollerá, o próximo domingo 4 de outubro a partir das 20:00 horas, a celebración dun monólogo a cargo do humorista natural de Cervantes, Lugo, e afincado na Coruña, Oswaldo Digón.

Digón, que tamén conta cunha dilatada traxectoria no eido teatral, é principalmente coñecido no ámbito dos monólogos pola súa participación en programas televisivos de humor, tanto estatais como autonómicos.

Os socios e as socias do Centro Cultural de Xinzo poderán entrar de maneira gratuíta, mentres que o resto de persoas deberán aboar unha cantidade de 3 euros.