O grupo de teatro ‘Pena do Equilibrio’ ponse mans á obra en Ribadetea ao abeiro do Cultura24

Representará a súa obra ‘Ladrillos’ este domingo 23 ás 18.00 horas na Casa Cultural desta parroquia

O grupo de teatro ‘Pena do Equilibrio’ ponse mans á obra en Ribadetea ao abeiro do Cultura24O programa Cultura24 recala esta fin de semana en Ribadetea. O vindeiro domingo 23 de abril o grupo de teatro ‘Pena do Equilibrio’ subirase ao escenario na Casa Cultural desta parroquia para representar a súa obra ‘Ladrillos’, unha peza orixinal de Paula Lorenzo Sertaje na que o público gozará cunha comedia sobre a desgraciada vida de Tomás, tanto na súa faceta persoal como na profesional.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar deste novo espectáculo co que se amplía a programación do Cultura24, un programa este novo concerto do Cultura24, “un programa posto en marcha para achegar a actividade cultural a cada recuncho da nosa vila, enchendo de vida as parroquias e poñendo en valor e promocionando a arte de grupos, artistas ou asociacións musicais, teatrais e culturais de Ponteareas”.

Trátase dunha obra para todos os públicos que se representará a partir das 18.00 horas de balde con entrada libre ata completar aforo.