O Goberno de Ponteareas reforma a Escola Infantil para adaptala á normativa da Xunta de Galicia de centros de atención á infancia

A obra custará 30.000 euros, financiada polo Plan de Concellos 2016 da Deputación

As obras no centro de atención á infancia, sito na rúa Escritor Domingo Benavides, contempla cambios na calefacción e substitución e arranxos da carpintaría exterior.

O informe técnico motiva esta obra na “existencia de elementos no centro que non se axustan á normativa vixente, polo que se require unha necesaria adaptación á mesma”. A normativa superior á que se refire é o Decreto 239 de 2005 da Xunta de Galicia polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. A Escola Infantil Municipal precisaba estés cambios dende hai anos para mellorar ás instalacións, gañar en seguridades e cumprir a normativa vixente dende 2005

 “As obras comezarán polo exterior, coa carpintaría e as ventás, e deseguido farán a nova cheminea. De seguro, a parte máis grosa estará rematada antes de comezar as aulas os nenos”, explicou a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.