O Concello de Ponteareas homenaxeará aos represaliados no “Día da Galiza Mártir”

Os actos celebraranse no Salón de Plenos e na rúa Alexandre Bóveda

 

O Concello de Ponteareas quere lembrar e homenaxear a memoria dos represaliados coincidindo co Día da Galiza Mártir, o mércores, día 17 de agosto e así ás 20:30 horas no Salón de Plenos darase o primeiro paso para esta homenaxe que contará cunhas xornadas específicas no último trimestre do ano.

 

Neste primeiro acto lembrarase o alcance da represión en Ponteareas e proxectarase un avance da película “Digna Rabia”, realizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Ponteareas. Posteriormente, realizarase unha ofrenda floral a Alexandre Bóveda, na rúa que leva o seu nome e darase lectura á unha Declaración don motivo do “Día da Galiza Mártir”.