Roteiro medioambiental guiado polos ríos Tea e Uma

O xoves día 18 as concellerías de Medio Ambiente e Cultura organizan, dentro do programa Coñece Ponteareas, un roteiro medioambiental guiado por Marcelo Rodríguez, membro da asociación Faia Educación Ambiental.

A actividade está recomendada para toda a familia e partirá  ás dez horas desde o parque da Perillana para continuar pola beira dos ríos Tea e Uma ata a ponte do Cabalón en Angoares. Será unha oportunidade para coñecer as riqueza e diversidade natural da flora e fauna típicas do bosque atlántico dos nosos ríos e tamén o patrimonio propio das labores agrícolas como son os muíños ao longo do río Uma.

Recoméndase levar calzado e roupa cómoda.