O escritor e profesor Alfredo Conde foi o encargado de ler o pregón das festas do Corpus

alfredo-conde-pregón-1Alfredo Conde Cid, recoñecido escritor e mestre, foi o encargado de realizar a lectura do pregón das festas do Corpus Christi 2015. O acto tivo lugar no Audotorio Reveriano Soutullo e contou coa presenza do alcalde ponteareán, Salvador González Solla, e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro.

Alfredo Conde, nado en 1945 en Allariz, foi galardoado co Premio Nacional de Literatura pola súa novela “Xa vai o Grifón no vento” en 1986, primeira vez que se premiou unha novela escrita nunha lingua española distinta do castelán. En 1991 obtivo o Premio Nadal, pola súa novela “Los otros días”. Elaborou varios guións de televisión, entre eles o correspondente ao especial producido por TVG e TVE  “O camiño de Santiago”, ademais de textos como o da “Gran Cantata Xacobea” un oratorio de Rogelio Groba, interpretado pola  London Symphony Orchestra e o coro ”London Voices”. Conde foi concelleiro de Cultura da Xunta de Galicia entre os anos 1987 e 1990.