Ponteareas acolleu, nun emotivo acto, o “II Encontro de escritores en lingua galega de temática ponteareá” e a presentación da revista “Pregón” 2015

escritores-pregón-1O Salón de sesións acolleu este venres, día 29 de maio, o II Encontro de escritores en lingua galega de temática ponteareá, baixo o lema “A importancia de difundir o local”. Foi unha xuntanza na que se tratou a importancia que ten para a cultura local a súa divulgación escrita e no que participaron os escritores Clodio González Pérez, Anxo Serafín Porto Ucha, Xoán Martínez Tamuxe, Estanislao Fernández de la Cigoña, Antonio José Groba Diéguez e Sofía Rodríguez Suárez. Andrés Sampedro Fernández, concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas, actuou como moderador do debate.

O encontro tamén serviu para brindar unha homenaxe, a título póstumo, a Maruja Pino Piñeiro polo seu seu labor como escritora e divulgadora da nosa cultura, costumes e tradicións. Un acto moi emotivo que contou coa presenza da súa filla, Margot, quen recibiu un diploma e unha medalla de parte dos escritores, ademais dun agasallo de mans do alcalde, Salvador González Solla, en nome do Concello de Ponteareas.esritotores-pregón-2

Posteriormente, o mesmo salón foi testemuña da presentación da revista Pregón, publicación do Concello de Ponteareas, que recolle ano tras ano artigos referentes ao Corpus, convertíndose nunha referencia escrita e visual de todas as alfombras confeccionadas o ano anterior e que ten unha ampla difusión non só en Galicia e España, senón tamén alén das nosas fronteiras, como en Uruguai, Arxentina, Cuba, Venezuela, México, etc, onde os nosos ponteareáns que están fóra a gardan ano tras ano como un prezado tesouro.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, sinalou a importancia de escribir e investigar sobre a cultura local. O edil definiu a revista Pregón, ou Revista da Festa do Corpus Christi de Ponteareas, como unha publicación importantísima para o espallamento da nosa festa do Corpus e, asemade, unha excelente canle de difusión onde estudosos de renome poden plasmar as súas investigacións sobre o Corpus, Ponteareas e a súa comarca, contribuíndo, pois, á difusión de todo tipo de estudos de temática local.