O Concello lembra as afecións ao tráfico da carreira ciclista profesional “O Gran Camiño”


O xoves, dende as 10.45 h ata o remate da proba, estarán pechadas a Avenida Castelao, a rúa Fermín Bouza Brey, a rúa Rosalía de Castro, a rúa de Sarmiento Rivera e a estrada a As Neves

 

Ponteareas será zona de paso este xoves do Gran Camiño, a primeira volta ciclista profesional que se celebrará en Galicia dúas décadas despois da última edición profesional da Volta a Galicia. Trátase dun evento de enormes dimensións nas que equipos de todo o mundo volverán ás estradas galegas cunha rolda propia con inicio e fin na comunidade e que percorrerá en catro etapas as catro provincias, máis de 500 quilómetros a través de 45 municipios distintos.

 

Esta proba ocasionará limitacións de tráfico durante a celebración da carreira. O xoves, dende as 10.45 h ata o remate da proba, estarán pechadas a Avenida Castelao, a rúa Fermín Bouza Brey, a rúa Rosalía de Castro, a rúa de Sarmiento Rivera e a estrada a As Neves.

 

Dende o Concello lamentan as molestias e convidan a todos os veciños e veciñas a gozar dun día moi relevante para o deporte da vila e de toda Galicia.

 

Ver etapa.