O Concello de Ponteareas, dentro do Plan de mellora das vías de circulación municipais, tanto urbanas como do rural, continúa mellorando estas infraestruturas viarias co fin de facilitar o tránsito seguro e as mellores condicións para a circulación viaria.
Así, a semana pasada a Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, en colaboración coa Deputación Provincial, procedeu ao asfaltado do acceso á igrexa de San Pedro de Angoares, desde a estrada Ponteareas- Salvaterra de Miño, do contorno da igrexa, torreiro e cemiterio, así como dun tramo da estrada que enlaza co Parque das Pombas, completando a pavimentación harmónica de todos os accesos a este contorno, ademais de acometer a limpeza e adecuación dos arredores desta igrexa.