Esta fin de semana, días 28 e 29 de marzo, o Centro Artístico Sportivo de Ponteareas acolleu a Exposición Día da Camelia, organizada por un gran amante desta flor, Antonio Martínez, en colaboración co Concello de Ponteareas, a Deputación de Pontevedra, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o Centro Artístico Sportivo.
Esta exposición conseguiu un gran éxito de afluencia de visitantes, tanto de Ponteareas como das parroquias e, mesmo, concellos limítrofes que se achegaron ata a vila do Tea para contemplar as distintas variedades desta bela flor.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González, e o concelleiro de Cultura, Andrés Samperdro, felicitaron ao organizador da devandita exposición, amosándolles o seu agradecemento por levar a cabo iniciativas como esta que, esperan, continúe en vindeiras ocasións, así como felicitaron e entregaronlles os diplomas acreditativos da súa participación aos expositores. O éxito desta exposición vén amosar o interese e gran implantación desta flor exótica na comarca, sendo o propio concello un impulsor da mesma nos seus espazos públicos, onde ofrecen vistosas imaxes, cheas de colorido.