Novas liñas de formación no CDL do concello de Ponteareas

2012 obradoiro-ORIENTACIONDende a Concellería de Emprego, dirixida por Marisol Valado, e o Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ponteareas, xestionado pola técnico Orientación Laboral Isabel Illán, co fin de buscar unha meirande prospección e inserción laboral no noso Concello, ponse en marcha novas liñas de formación consistentes en a impartición de formación necesaria para traballar no sector do metal como é o curso de “Instalacions, Reparacions, Montaxes, Estructuras metálicas, Cerraxería e Carpintería metálica” e a previsión da impartición dun Curso de PRL Básico (60 Horas).

Deste xeito, e continuando coa labor iniciada en 2014 coa Axencia de Colocación (dende a que se xestiona a intermediación laboral e detección de necesidades formativas con empresas de distintos sectores), se veñen impartindo diferentes cursos de formación orientados a cualificación dos cidadans en diferentes materias (Manipulador de Alimentos, Carretilleiro, Operario Ponte Grúa, Atención Sociosanitaria…).

Todas as persoas interesadas en realizar algún de estes cursos deben dirixirse para mais información ó CDL do Concello de Ponteareas no telef: 986 661050.