Mañá venres súmate á vida, doa sangue

O Concello informa que mañá venres e o sábado 27 de febreiro a unidade móbil de doazón de sangue estará na avenida de Galicia. O venres poderase doar sangue de 10 a 14:30 horas e de 16:30 a 21 horas. O sábado a unidade móbil atenderá de 10 a 15 horas. Doa saúde!