Alumnado do CIFP A Granxa asistíu a unha visita guiada polo patrimonio cultural do río Tea

Acompañados polo historiador do Museo Municipal de Ponteareas, o alumnado de Educación Ambiental do CIFP A Granxa asistíu a unha visita guiada polo Patrimonio Cultural do río Tea. Esta actividade enmárcase nunha das iniciativas de colaboración da Biblioteca Municipal de Ponteareas con todos os centros educativos da nosa vila e que ten como obxectivo dar a coñecer a historia e o patrimonio cultural de Ponteareas.

 

A visita guiada, que foi realizada polo tamén responsábel da Biblioteca Pública Municipal, Gonzalo Fernández, empezou na capela da Nosa Señora dos Remedios (1879), seguido pola Fonte da Fama (1876) do Mestre Ignacio Cerviño. Achegándose despois á Ponte dos Remedios (1502), seguindo coa capela de San Roque (1779) e a gran bancada (1774) situada no barrio de San Roque. Xa camiño da Freixa analizouse o momento da chegada de luz eléctrica a Ponteareas, en 1895, as instalacións deportivas e finalmente visitouse a praia da Freixa.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, e o responsable da Biblioteca Pública Municipal explican que as bibliotecas municipais non poden ser entes illados senón que deben colaborar con colexios, institucións, asociacións culturais, xuvenís, etc. A Biblioteca Municipal de Ponteareas pon os seus servizos e instalacións a disposición destes organismos, colaborando con eles sempre que así o pidan e o necesiten.