Máis de 100 cans participarán no I Trofeo Agility Concello de Ponteareas

A concellería de Deportes, Nahir Covelo, e o alcalde de Ponteareas presentan o I Trofeo Agility Concello de Ponteareas que terá lugar este sábado día 20 de xullo no campo municipal de Pardellas organizado por CANEDUPO.

Explica Tania López, dona de Floki e membro do equipo Canedupo, que o agility é un deporte que pode practicar calquera can ou cadela co seu dono, independentemente da súa idade, raza, tamaño… “é unha forma perfecta de crear un bo vínculo có can a través de xogo, de facer deporte xuntos e ademáis de estimular o can cognitivamente”.

O agility consiste en facer un percorrido de obstáculos cada vez diferente gañando o can ou cadela que o faga máis rápido e sen cometer erros.

Nahir Covelo adianta que a cita co Agility en Ponteareas é unha proba triple puntuable para o Campionato de España 2020 na que o espectador poderá ver a máis de 100 cans chegados de toda España que competirán en distintas categorías (mini, midi e standard segundo o tamaño do can) e graos: G0 para cans moi xóvenes o moi maiores que non saltan a altura reglamentaria, G1 para cans que están a iniciarse na competición, G2 para cans que queren clasificarse para o Campionato de España e G3 para cans que queren clasificarse no mundial.

Aínda que calquera can ou cadela pode practicar este deporte co seu dono ou dona, a raza máis habitual nestes campionatos é o Border Collie, un can de pastoreo que estase a por moi de moda pero que non é para mans inexpertas, xa que se non se traballan correctamente poden acabar con moitos problemas de comportamento.

Tania López recomenda que o mellor é comezar có can que se teña na casa e tomalo coma un xogo.

Estes singulares equipos de persoas e cánidos adestran habitualmente tres días semanais facendo obstáculos, ademais de dedicarlle tempo aos paseos, á natación, ao acondicionamento físico ou á nutrición xa que son atletas de alta competición. 

Todos e todas as que queiran gozar deste espectáculo programado pola concellería de Deportes totalmente de balde, poden facelo o venres 19 a partir das 21h, o sábado 20 a partir das 19h e o domingo 21 a partir das 10:30.

A duración de cada xornada será de 4 ou 5h, o sábado ademáis das probas puntuables para o Campionato de España, tamén haberá o “I Open Concello de Ponteareas”, no que se repartirán máis  de 2.000 euros en premios.

,