A Banda da Escola de Música de Xinzo ofrece este xoves o seu concerto de verán

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar no concerto de verán que terá lugar este xoves día 18 de xullo ás 19:00 horas nos Xardíns da Xiralda.