A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, quere felicitar á comunidade educativa de Ponteareas polo bo traballo realizado este curso escolar. “Alumnado, directivas, Anpas, traballadores e familias en xeral conseguiron por o nome de Ponteareas nas estatísticas dos mellores resultados académicos, en concursos e en premios e iso é posible grazas ao traballo e a ilusión depositada por todos e todas”.
Un 98,7% de aprobados nas probas de selectividade
Así o amosan, por exemplo, os resultados das probas de selecividade nos que os institutos de Ponteareas acadan un 98,7% de aprobados. Os tres centros (IES do Barral, IES Pedra da Auga e IES Val do Tea) enviaron un total de 78 alumnos e alumnas, acadando 77 aptos e aptas. O instituto do Barral acadou un 100% de aprobados/as na segunda vez que envía alumnado a selectividade, cun total de 27 alumnos/as presentados e todos/as aptos/as (o curso pasado tamén tivo o 100% de aptos/as). O IES Pedra da Auga enviou 17 alumnos/as, sendo aptos/as16 (o curso pasado tivera 100% de aprobados/as) ademáis de todos/as os/as titulados/as nos ciclos medios e ciclos superiores que oferta. O IES Val do Tea, que coa implantación do bacharelato de Artes ofertará todos os bacharelatos xa neste próximo curso envíou 34 alumnos/as, sendo aptos/as o 100% (o curso pasado enviara 51 alumnos/as sendo aptos/as 50), e acadando o posto n°16 dos centros de Galicia (7° na provincia de Pontevedra) na listaxe por cualificación media da selectividade para centros que presentan máis de 30 alumnos/as.
As tres direccións felicitan ao alumnado, móstranse moi satisfeitas, e salientan a importancia que ten para a vila, un ano máis, estar en condicións de sumar arredor de 100 novos e novas universitarios/as.
Pola súa banda, a directora do CIFP A Granxa, destaca os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior do ciclo de vitivinicultura obtido por Xosé M. García Paz, do de Raquel Romay Franco en educación e control ambiental, do de xestión forestal e medio rural obtido por Manuel Ruiz Blanco e as matrículas de honra no ciclo superior de educación e control ambiental e no de vitivinicultura e no ciclo medio de aceites de oliva e viños. A Granxa tamén salienta que o 99% do alumnado de primeiro curso pasa a segundo curso e destaca ademais os proxectos de mobilidade que desprazaron a sete alumnos a Italia, Rumanía, Finlandia e Hungría e tres profesores que estiveron en Finlandia e Italia.
A directiva do conservatorio municipal de música tamén quere destacar expedientes como o de Roberto Tato Lage que conseguíu o premio Fin de Grao Profesional de Piano ou as prazas obtidas por Rosa Ana Cayetano Barrera que obtivo praza para estudar nas especialidades de Piano no Conservatorio Superior da Coruña e Pedagoxía no Conservatorio Superior de Vigo, Raúl Cima Ramírez que aprobou na especialidade de Trompeta no Conservatorio Superior de Salamanca e obtivo praza no Conservatorio Superior de Vigo; Joaquín Vázquez Alonso que ten praza na especialidade de Saxofón no Conservatorio Superior de Vigo; Brais González Rellán e Moisés Álvarez Rivas que estudarán a especialidade de Pedagoxía no Conservatorio Superior de Vigo.