Goberno e veciñanza de Moreira percorren a PO-403 para detectar os puntos críticos

O goberno de Ponteareas acompañado dos directivos e directivas dos colectivos sociais de Moreira, un técnico, veciñanza en xeral algúns membros da Corporación percorreron o tramo entre o cruce da Ponte das Partidas en Moreira (cruce da fábrica) e a ponte de Angoares coa que limita a parroquia para inventariar os riscos relativos á seguridade viaria. 

Nunha andaina na que se tomaron todas as medidas de seguridade viaria precisas, veciñanza e goberno estudaron os puntos máis críticos para o tránsito de peóns que neste tramo carecen de beirarrúas tendo que ademais atravesar os dous enlaces de acceso coa autovía. 

Esta iniciativa do goberno de Ponteareas, a proposta do Alcalde nunha reunión mantida coa veciñanza na parroquia, pretende dar visibilidade ás necesidades e compromisos que están sen solventar dende hai dúas décadas.  

Nestes días representantes veciñais e goberno reuniránse para redactar de xeito conxunto as propostas ao proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-403 que non inclúe ningunha obra no tramo de Moreira.