O goberno leva ao pleno a licitación do servizo de axuda no fogar

O Concello de Ponteareas levará a pleno o servizo de axuda no fogar por catro anos no que o goberno actual invistirá 2.487.438,72€ ( 621.859,68€ ao ano).

O servizo de axuda no fogar do que se benefician máis de setenta usuarios e usuarias traballa co obxecto de prestar atencións ás persoas ou familiares no seu domicilio para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu contorno habitual especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomia ou outras situacións de risco social. 

O concelleiro de Servizos Sociais, Manolo Troncoso, adianta que nos últimos tres anos tense case duplicado a inversión neste servizo no que o ano pasado traballaban dezaseis profesionais de axuda domiciliaria pasando a ser na actualidade un equipo de 33 asistentes e unha coordinadora. No ano 2016 investíronse arredor de 376.000€ e no ano 2017 495.000€, cifras que proban o apoio e o compromiso deste goberno coas veciñas e veciños que máis o precisan e cos nosos maiores.

Neste novo contrato esixirase a dedicación exclusiva da asistenta social ao que se ten dereito por superar os setenta beneficiarios diarios aos que se lle dedica as 3.691 horas asignadas pola Xunta de Galicia; ademais das horas das seis traballadoras do concello contratadas a tempo completo que supoñen arredor de 1500 horas de dedicación de cada traballadora.

Entre os obxectivos do servizo de axuda no fogar está o de mellorar a calidade dos usuarios e usuarias, posibilitar a permanencia no seu entorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomia persoal no propio domicilio e manter e mellorar as redes de relación familiar e social. 

Con este programa tamén se prevé situacións de exclusión social, se retarda ou evita a institucionalización e reforza a solidariedade e potenciar o voluntariado social. 

O persoal do servicio de axuda no fogar asiste aos usuarios/as para levantarse e deitarse, no coidado e hixiene persoal, no control da alimentación, supervisa a medicación ou con cambios posturais.

Ademais, tamén fan labouras de acompañamento para realización de trámites de carácter administrativo que se suman ás tarefas de limpeza, compra alimentos e coidados básicos da vivenda. 

No contrato de licitación coa empresa tamén se esixe un mínimo de camas articuladas, cadeiras de rodas, cadeiras de baño, grúas e andadores que será igual ao 2% dos usuarios. 

Outro dos requisitos recollidos no contrato son cinco horas ao mes de servizo de podoloxía e fisioterapia sempre e cando o usuario/a non poida desprazarse e dez horas de transporte adaptado sin cargo nin coste nin para o concello ni para os usuarios. 

As e os solicitantes deste servizo deberán ter recoñecida a situación de dependencia e contactar cos servizos sociais de Ponteareas ubicados no centro social da rúa Oriente.