Doa sangue, doa vida!!!

O concello de Ponteareas convida a toda a cidadanía a colaborar coa campaña de doazón de sangue que instalará a súa unidade móbil o martes 27 e mércores 28 na rúa Concha Brey de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.

Cada día os hospitais galegos precisan 500 doazóns de sangue para atender unha media de 2.800 urxencias, 575 intervencións cirúrxicas e 1 transplante de órganos.

O concello recorda que todos os maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kgs poden doar sangue, un ben escaso que ten pouca duración polo que é preciso recibir doazóns diarias.

Con tan só cinco minutos do teu tempo estarás axudando a moitas persoas que dependen de tí!