Hoxe luns ás 21 horas nova cita co Festival Groba no auditorio municipal Reveriano Soutullo. Oportunidade única de gozar do espectáculo da música da man dos e das violinistas Miranda Liu, Kah Gabriel Kameda e Pablo Vidal; coas pianistas Claire Huangci e Elisa D´Auria, con Alba González na viola e con Hee Young Lim ao cello.