A Concellería de Mocidade oferta un curso de Monitor de actividades de Tempo libre

A Concellería de Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, organiza un curso de monitor de actividades de tempo libre para os meses de agosto e setembro.
Este curso, homologado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participacíón e Voluntariado, ten por obxecto a formación de persoas capaces de realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza.
Os obxectivos do curso son detectar as necesidades de intervención no tempo libre dun grupo reducido de persoas, conectándoo co seu medio; animar, dinamizar e facilitar o desenvolvemento dun grupo de persoas; deseñar, dirixir e executar un obradoiro, localizar recursos para o desenvolvemento das actividades e participar dun proxecto de animación xeral, responsabilizándose das tarefas específicas que lle son encomendadas.

O curso consta de dúas fases: unha fase teórico-práctica de 200 horas lectivas, e unha fase práctica, que se realizará nun prazo máximo de 2 anos dende o remate da fase teórico-práctica, e unha vez obtido o apto na fase anterior. Esta segunda fase consta dun mínimo de 12 días en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo e outros, en bloques non inferiores a 3 días, ou de 150 horas de actividade nunha entidade que traballe no campo da educación no tempo libre.

Contará tamén con prácticas e os requisitos é ser maior de idade no momento do inicio do curso e estar en posesión, como mínimo, do Graduado Escolar ou equivalente.

As datas de realización e o lugar será Centro Asprodico (Canedo) nas seguintes datas: Agosto: 14, 16, 17 e 18, 19, 21, 22, 23,24, 26, 28, 29, 30 e 31 e en Setembro: 1, 2, 7, 8 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h.

O curso ten unha única cota de matrícula de 150 €, que se aboará no momento da inscrición.

Unha vez iniciado o curso, a cota de inscrición non será reembolsable salvo causas razoables e documentalmente xustificables.

O pagamento da matrícula formalizarase a través do Departamento de Rendas do Concello de Ponteareas.

A inscrición poderá realizarse na OMIX de Ponteareas, achegando a seguinte documentación:
– ficha de inscrición adxunta cumprimentada
– unha fotografía tamaño carné
– xustificante bancario do pagamento da matrícula
– copia do DNI
copia do Graduado Escolar ou estudos equivalentes ou superiores

O prazo de inscrición remata o 10 de agosto de 2017.

As prazas son limitadas, priorizándose ao alumnado empadroado no Concello de Ponteareas.