Ponteareas avanza no PXOM

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a Tenente de Alcalde, Chus Garrote e o concelleiro Manuel Troncoso, reuníronse cos portavoces dos Grupos da Corporación na oposición para tratar dos requerimentos ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Durante as dúas horas de reunión, o enxeñeiro municipal e o arquitecto municipal acompañados do arquitecto encargado da redacción do Plan Xeral deron informes amplos dos traballos realizados estes meses para poder solventar os requerimentos da Conselleria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.
Un dos requerimentos relevantes está relacionado coa esixencia de contar con autorización da Confederación Hidrográfica para garantir o suministro de auga potable para as novas vivendas contemplado no planeamento para o futuro de Ponteareas. O enxeñeiro municipal fixo un informe detallado que servirá de base para a reunión que se manterá coa Confederación Hidrográfica e deixar resoltos os requerimentos neste aspecto así como na depuración de augas residuais. Dende o goberno municipal aclaran que o Plan conta co informe favorable da Confederación pero este novo requirimento da Xunta é consecuencia de sentenzas xudiciais sobre outros plans neste sentido de garantir os recursos hidrícos para o futuro.
Presentáronse tamén informes detallados de axustes a realizar na zona de expansión urbanística do núcleo urbano, especialmente as identificadas como zonas de solo urbanizable non delimitado. A requerimento da Xunta elimianse boa parte destas áreas de crecemento no entorno do núcleo urbano.
Co consenso de tódolos grupos da Corporación na defensa da autonomía municipal no planeamento dentro do marco normativo existente, e con todos os informes previos cos que contou este plan cando se aprobou provisionalmente polo pleno con amplísima maioría.
Neste sentido tódolos grupos coinciden na necesidad de defender o solo industrial da Lomba tal e como estaba previsto, aclarando que dos seiscentos mil metros cadrados previstos, para instalacións industrias serían 250.000 metros cadrados nos que se inclúen as industrias existentes. Os restantes 350.000 metros cadrados son destinados para zonas verdes e de protección no espazo máis próximo a Pardellas e a Freixa, equipamentos e infraestructuras públicas, por consideralo vital para regularizar a zona industrial da Lomba e para o crecemento de Ponteareas.
Por último, se acordou solicitar á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia unha nova reunión, na que participarían os portavoces de todos os Grupos da Corporación, na que se trasladará a posición da Corporación e a intención de resolver canto antes os requisitos esixidos.