A ciclista Isabel Castro do Condado Bike proclámase Campiona de España máster 40

A ciclista de Ponteareas, Isabel Castro, proclamouse campiona de España de cross country olímpico máster-40. Os pasados días 21,22 e 23 de xullo celebrouse en Cofrentes, Valencia, as probas de relevos por seleccións. Baixo unhas temperaturas superiores aos 25 grados e sobre un circuito cun terreo moi seco, técnico e esixente as corredoras e corredores afrontaban unha carreira na que tiñan dúbidas das súas posibilidades.

O propio sábado a ciclista de Ponteareas sufría unha caída que a levou a precisar os servizos da ambulancia e darlle unha sutura de dous puntos á altura da rodilla esquerda o que non lle permitía correr ao 100%.

“A carreira de féminas efectuase e a miña intención era tan só superar ás da miña categoría incluídas as A (as categorias master diferenciánse asi de 39 anos a 44 son A e de 45 a 49 somos B)) Contaba ademais que a subcampiona do
mundo da miña categoria A estaba presente e era para mín unha…..motivación”, relata Isabel Castro. .

A pesar da dor e das altas temperaturas a ciclista do Condado Bike completou a proba con 1.18 sobre a segunda clasificada, Nuria Espinosa de Cataluña, mentres que a terceira praza correspondía a María Arias de Castilla La Mancha.

Dende a Concellería de Deportes que dirixe Benito Márquez danlle os parabéns e deséxanlle novos éxitos.