A alfombra floral confeccionada por veciños de Ponteareas no programa Luar, da TVG, impresionou a todos os asistentes

Alfombra en LuarA alfombra floral confeccionada polos veciños de Ponteareas asombrou a todos os asistentes  do programa Luar, da TVG. A semana pasada, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, xunto cun grupo de ponteareáns asistiron a este programa da Televisión de Galicia, no que presentaron a Festa do Corpus Christi, realizando unha mostra de arte floral. Así mesmo, estiveron acompañados polo grupo folclórico Algazara, de Celeiros, os cales deleitaron aos espectadores co seu bo facer.
Segundo palabras do concelleiro de Cultura, esta canle televisiva é un medio excelente para difundir a nosa tradición alfombreira, tanto dentro de Galicia, como fóra, posto que é un programa que se ve en moitos paises do estranxeiro, onde hai moitas comunidades galegas.