O Pleno da corporación ven de aprobar na sesión de onte, a proposta da concelleira de comercio e industria Marisol Valado, para a modificación da ordenanza fiscal municipal reguladora da venda ambulante no termo Municipal de Ponteareas. Todos os partidos, sin excepción, deron o seu voto a favor de dita ordenanza.
“A venda ambulante é unha modalidade de actividade comercial que conta con gran tradición en Ponteareas, polo que é moi importante a actualización da súa regulamentación a nivel municipal”.
Esta é a premisa que lle sirve ao equipo de gobernó como punto de partida para acometer a modificaición da ordenanza que está en vigor dende o 2008, pero que non se axeitaba a realidade actual dos mercados ambulantes e das actividades da venda en xeral, nun intento de recuperar o atractivo e o seu dinamismo, e que volva a ser, como foi hai un tempo, un referente de mercado ambulante.
“Pódese dicir que esta e unha ordenanza de consenso”, subliña Valado, pois a súa aprobación ten lugar despois de manter reunións coas asociacións de comerciantes e de hostaleiros, ademais de cos representeantes dos grupos políticos municipais, qiue realizaron ao longo das últimas semanas suxerencias e aportacións que conseguiron que o documento resultante fose o de maior consenso para todos.
Nesta nova ordenanza recóllense moitas peticións feitas tamén polos propios ambulantes, podendo destacar o dereito a ser titular dun posto de venda, independente do tipo de cotización a seguridade social, ampliación da franxa horaria hasta as 20:00 horas no mercado do primeiro sábado de cada mes para a nova liña de productos de artesanía, quincalladas e segunda man, así como para todos o resto de vendedores que así o decidan. Tamén se contempla a posibilidade de deixar o vehículo detrás do posto, naquelas ubicacións que sexa posible e pagando por elo tres metros máis de posto. etc…
A ordenanza que se aprobou tamén recolle a regulación do tradicional mercado da carreira, protexendo a esencia destes postos de venda, presentes en Ponteareas dende hai moitas décadas, diferenciando entre os produtos de consumo e os de prantar e tamén deferenciando o número de días e metros a utilizar. Nun intento de evitar que se faga unha mala práctica por parte dalgún vendedores, e que incluso se compre para vender a través deste mercado da carreira.
Ademáis aprobouse tamén a ampliación da ordenanza fiscal para o mercado ambulante, de maneira que recolla todos os novos supostos de mercado ambulante contemplados na ordenanza reguladora. Como poden ser a taxa para a liña de antigüedades, quincalladas e segunda man, así como para a venda por parte dos veciños de Ponteareas, de productos en desuso do fogar, que se realizará o 1º sábado de cada mes. Ou a actividade de venda con vehículos/camión con productos de tempada.
Unha vez que entre en vigor a ordenanza, Ponteareas contará cun novo instrumento que dinamice e de un pulo a economía local e sirva para captación de novo capital e riqueza para o pobo. Este instrumento sumarase aos xa existentes: praza de abastos e hostalería vertebrando o sector comercio en Ponteareas, ademáis dun Plan Xeral tan necesario para esta vila e para a creación de emprego e comercio.
“Dende a concellería de comercio e industria, seguirase traballando nesta línea, xunto as asociacións representativas do sector comercio, hostalería e empresa, así como a través dos órganos de representación da mesa local de comercio, e a través das comisión informativas, xuntas de portavoces e plenos”.