Este xoves, día 19 de xuño, Jesús Rodríguez Delgado será nomeado Fillo Adoptivo do Concello de Ponteareas  

Copia de Jesús Rodríguez Delgado- Medios1Jesús Rodríguez Delgado, presidente da Asociación de Alfombristas de La Orotava, Tenerife, e vicepresidente da Comisión Xestora Internacional de Entidades de Arte Efémera, será nomeado Fillo Adoptivo do Concello de Ponteareas, este xoves, día 19 de xuño, ás 21:00 horas no Salón de Sesións da Casa do Concello.

A través deste nomeamento, o Concello de Ponteareas quere recoñecer os méritos e a traxectoria de Jesús Rodríguez Delgado a prol do Concello de Ponteareas durante os máis de 30 anos do  irmandamento entre La Orotava e a Vila de Ponteareas.

Visitante asiduo da Vila do Corpus, está en posesión da  1ª Medalla do Corpus que concede  o Concello de Ponteareas aos alfombristas de La Orotava. Tamén é autor do libro “De aquí y de allá, crónica de un hermanamiento” que narra as súas vivencias xunto cos irmáns ponteareáns ao longo dos anos de relación entre as dúas vilas.